Un festival como broche de ouro aos ribeirenses campamentos do Verán Cultural

30 Agosto 2019

20190890. Os campamentos de conciliación do Verán Cultural de Ribeira puxeron hoxe o seu broche de ouro cun festival de clausura no Auditorio municipal no que, ademais do cento de rapaces asistentes no mes de agosto, contou coa presenza de numerosos pais e nais que encheron o patio de butacas e non perderon detalle da evolución dos seus fillos sobre o escenario.

O espectáculo durou algo máis dunha hora na que os cativos marabillaron cos seus vestiarios e coas súas actuacións de música e baile distribuídos en cinco grupos: catro do Xoga con Nós e un do Camp of Cultural Summer.

Concluído o festival, a concelleira de Cultura, María Sampedro, felicitou aos participantes polo seu talento e clausurou os campamentos coa entrega dos correspondentes diplomas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.