Quince ofertas presentadas para a reposición do pavimento asfáltico en dúas vías de Castiñeiras

26 Agosto 2019

20190826. Un total de quince ofertas presentáronse para a actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Páramos, na parroquia ribeirense de Castiñeiras.

Desde o Concello manifestan que as dúas vías presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Ademais, está financiado polo Plan de Obras e Servizos (POS) provincial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...