Preto da trintena de empresas postuláronse para as obras nas ribeirenses rúas Escorial e Pérez Galdós

23 Agosto 2019

20190823. Un total de 27 empresas presentáronse para realizar as obras de pavimentación e renovación de servizos das céntricas rúas Escorial e Pérez Galdós, ambas situadas xunto a praza do Concello de Ribeira.

Na actualidade, o pavimento en ambas vías está construído en formigón, observándose danos importantes coma disgregacións e socavóns no seu firme. En canto ás súas instalacións, as redes de saneamento e pluviais están formadas por tubaxes en mal estado, obxecto de arranxos periódicos.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé a colocación dun colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitude de 185 metros, con pozos de rexistro cada 35 ou 40 metros e conexión cos colectores existentes, renovándose tamén as acometidas ás vivendas. Por outra banda, disporase polo centro das rúas de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 189 metros de longo e pozos de rexistro, instalándose sumidoiros cada 20 metros aproximadamente e pozos de rexistro nos cruces dos colectores, así como efectuando acometidas de pluviais ás vivendas. Ademais, empregarase pavimento de formigón pulido de 20 centímetros de espesor, intercalado con lousas de granito.

O orzamento desta actuación ascende a 132.788’55 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.