O rexedor boirense reuniuse coa presidenta de Portos de Galicia para trasladar demandas do municipio

29 Agosto 2019

20190829. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo unha xuntanza no día de onte coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas Gil, co obxectivo de abordar algúns asuntos de interese para o municipio coma son as novas instalacións do Club de Remo de Cabo de Cruz ou as obras do embarcadoiro.

A nova formulación das obras para o inmoble dos remeiros crucenses é o que máis preocupa, pois neste momento non dispoñen de edificio. O rexedor manifestou que “o que buscamos é facer un reformulo da obra e axilizar os trámites para que se inicien as obras canto antes.” Así mesmo, falouse da posibilidade de instalar un pequeno embarcadoiro nas novas instalacións para que facilitar o transporte das traíñas.

Outra das cuestións a tratar foi o estado dos embarcadoiros dos barcos bateeiros de Cabo de Cruz. Desta maneira, o alcalde fixo fincapé nas demandas dos traballadores do sector para levar a cabo o proxecto dunha maneira que beneficie a todos.

Ademais, conversaron acerca da posibilidade de facer un ancheamento ou unha pasarela na entrada do peirao crucense debido ao estreitamento que presenta o lugar. Tamén se solicitou a retirada dun barco abandonado na rampla de Escarabote. O alcalde de Boiro mostrouse satisfeito coa reunión, afirmando que “traballando xuntos con Portos de Galicia podemos sacar a diante moitos proxectos que axuden a mellorar o municipio e os servizos dos usuarios.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.