Corrubedo celebrará as súas festas esta fin de semana

07 Agosto 2019

20190708. Como é tradicional, nesta segunda fin de semana de agosto a parroquia de Corrubedo vai celebrar as súas festas de verán. Unha festividade na que este ano o Concello de Ribeira vai implicarse de forma máis participativa no seu calendario do que é habitual ata o punto de encargarse da organización dos eventos lúdicos correspondentes ao sábado.

A cita foi presentada hoxe no consistorio pola concelleira de Cultura, María Sampedro; Abdón Santos, en representación da entidade Kurrala Rock; Antonio Freire, presidente da asociación Corrubedo XI Séculos; e José Francisco Parente Martínez, un colaborador que se involucrou activamente para poder sacar adiante este cartel.

Así, as festas comezarán o venres 9, ás 12.00 horas, coa Misa solemne na honra da Virxe do Perpetuo Socorro para dar paso a continuación a un grupo de actividades promovidas polo Kurrala Rock. Trátase do chamado ‘Día das Peñas’ no que, segundo informou Abdón Santos, xa están inscritos preto de 300 participantes e que constará de xogos populares coma tira de corda, carreiras de sacos, etcétera. Ademais, estará amenizado pola charanga Mil9, mentres que pola noite terá lugar o debut da rapeira Decora, de 16 anos de idade; e as actuacións do grupo Chocolate con Churros e da orquestra ribeirense Platinum. Pechará a xornada a Discomóvil Chocolate.

O sábado 10 arrancará coa Misa solemne na honra da Virxe do Cabo. De 16.00 a 19.00 horas, haberá unha sesión de paddle surf e kayak na praia do porto por cortesía da escola local Grip Surf School. Pola noite e a iniciativa do Concello tocará o grupo Lume coa actuación estelar de Miguel Torres, moi prezado pola xente maior que debutou en 1962 e formou parte de elencos como as orquestras Poceiro e Compostela. Pensando na xente moza, concluirase coa actuación de Planet Discomóvil con DJ Kiber.

Por último, a asociación Corrubedo XI Séculos será a encargada xunto coa parroquia de organizar a tradicional misa solemne do domingo 11 na honra da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A liturxia do mediodía estará cantada polo Coro de Corrubedo. A continuación sacaranse as imaxes en procesión ata o porto co acompañamento dos grupos Xiada e As Silvaveiras e haberá unha ofrenda floral aos mortos no mar. Ao regresar á Igrexa rematarase coa entoación da Salve Mariñeira.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.