Boiro vivirá unha fin de semana cultural

08 Agosto 2019

20190808. A partir de mañá, o municipio boirense converterase nun fervedoiro cultural pois non só comezará o Mercado Castrexo. Así, a praza do centro social de Boiro trocará en escenario a partir das 12.00 horas para , o espectáculo de Pistacatro Productora de Soños. O protagonista é obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado de numerosas caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Deste xeito, do caos xurde un universo delirante de risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura. Se chove, trasládase á Casa da Cultura.

Por outra banda, Escarabote celebrará durante dous días a Fin de Semana Tradicional que comezará mañá 9 co serán tradicional, a partir das 20.30 horas, coas actuacións de A Dorniña de Abanqueiro, Aínda é Sedo, Aixola, Arrancadeira, As da Canteira, As Xeiteiras, Aula de Gaita e Percusión Tradicional da A.N.P.A. do C.E.I.P. Escarabote, Bailadela, Nunca é Tarde, Os Caraveiros, Teixedal, Gaiteiros e Pandereteirxs Aroña, entre outros. Tamén haberá mexillóns, churrasco, sorteos e máis sorpresas. Ademais, o sábado 10 terá lugar o XXXI Festival Folclórico de Escarabote. Ás 20.00 horas, empezarán os pasarrúas con saída desde o Pontellón para, ás 20.30 horas, dar paso ao festival que contará coa Asociación Cultural Folklórica Andrés Laguna de Segovia, coa Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas da Pobra do Caramiñal e coa Asociación Cultural Pedra de Aroña de Escarabote. Se chove, trasládase á Casa da Cultura de Boiro.

Así mesmo, cómpre sinalar que o espectáculo Dona Barriga Verde a cargo de Larraitz Urruzola previsto para hoxe na praia de Barraña, ás 20.00 horas, aprázase para o 22 de agosto por mor do mal tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...