Boiro activa a máquina do tempo

07 Agosto 2019

20190807. Unha nova edición do Mercado Castrexo chega a Boiro esta fin de semana. O Campamento Castrexo, postos de alimentación, artesanía, música e animación nas rúas son só unha pequena mostra de todo o que ofrecerá esta cita. Ademais, desenvolverase  un obradoiro de cestaría e outro de cerámica para os máis pequenos. Incluso os namorados se poderán casar polo rito castrexo. O mercado estará aberto o venres 9 desde as 17.00 ata as 00.00 horas, mentres que o sábado 10 e o domingo 11 terá lugar en horario partido de 11.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 00.00 horas.

Á presentación celebrada esta mañá no Concello acudiu Anxo Fernández, responsable de Xema Comunicación, empresa encargada de realizar este festexo e que explicou as actividades e espectáculos que se van realizar no mercado.

A concelleira de Cultura, María Outerial, aproveitou tamén para facer un convite a visitar Boiro esta fin de semana, xa que “ademais do Mercado Castrexo, nestes días coinciden outras actividades culturais e deportivas.”

Pola súa parte, o alcalde boirense, José Ramón Romero, expresou o seu agradecemento a Xema Comunicación e tamén a tódalas persoas que colaboran para facer que o Mercado Castrexo de Boiro se consolide e atraia máis visitantes. De feito, afirmou que esta celebración “ten atractivo para persoas de todas as idades xa que conta con actividades para os mais cativos, postos de artesanía e comida e exhibicións coas que pasar a fin de semana.”

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.