O Mercado Castrexo de Boiro abrirá as súas portas o 9 de agosto

16 Xullo 2019

Xa hai cartel e confirmación na web das feiras medievais: o Mercado Castrexo de Boiro celebrarase este ano entre o días 9 e 11 de agosto, enchendo novamente as rúas da vila de artesanía, xogos e comida tradicional: os elementos que tradicionalmente identificamos coa vida nos emprazamentos barbanzáns de Neixón (Boiro), Baroña (Porto do Son) ou o Castro da Cidá (Ribeira), que serían, por proximidade e número de construcións que se conservan, os principais referentes da celebración.

O Mercado, organizado por XeMA Comunicación en colaboración co Concello, tamén dará acollida a un campamento castrexo, ruadas musicais, espectáculos de artificio e a celebración de xogos tradicionais, e mesmo servirá de escenario privilexiado para recuperar un xeito alternativo de formalizar un casamento: as vodas celtas. Calcúlase que as rúas peonís de Boiro contarán cun centenar de artesáns.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.