A Xunta lanza unha aplicación informática para a xestión da biomasa preto das vivendas

27 Agosto 2019

20190827. O conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou onte a súa aposta pola ordenación forestal como a mellor arma para loitar contra o problema dos incendios nos montes. Advertiu ademais que esta é unha tarefa de todos, independentemente de cores políticas, e agradeceu, nese sentido, a implicación dos concellos galegos nesta materia. Fixo estas declaracións en San Caetano durante a apertura da xornada informativa sobre a aplicación informática Xesbío, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos 97 concellos que xa contan co plan municipal de prevención e extinción de incendios, para xestionar os incumprimentos e notificacións vinculados á xestión de biomasa forestal na contorna das vivendas.

Ao tempo, o titular de Medio Rural sinalou que grazas a este compromiso tódalas administracións e os particulares traballan de xeito coordinado e conxunto a prol da ordenación e da limpeza de predios de cara a anticiparse ao problema dos lumes, na procura dunha Galicia verde.

Así, o conselleiro manifestou que a finalidade da ferramenta informática Xesbío é dar soporte á Administración local na xestión da biomasa nas rede de faixas secundarias, situadas preto das vivendas. Esta aplicación permitirá xestionar e elaborar diferentes tipos de notificacións que os concellos lle enviarán aos titulares de parcelas nestas franxas e ofrecerá tamén a posibilidade de xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión da biomasa.

Neste aspecto, José González explicou que un dos maiores problemas cos que se atopaban os gobernos locais era o de identificar estes terreos e, a continuación, ao seu propietario. Grazas a esta ferramenta, creada ex profeso para este fin pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilitaráselles moito aos gobernos locais a execución das súas competencias neste ámbito. Desta forma, e segundo indicou González, todo o relacionado coa tramitación administrativa queda solucionado con esta aplicación, pois permitirá xerar un modelo de dilixencia de comunicación previa, outro de dilixencia de notificación e un terceiro de anuncio de comunicación a responsables descoñecidos.

Ademais, o conselleiro adiantou que a día de hoxe están adheridos ao convenio de protección das aldeas 222 concellos galegos e ademais xa hai máis de 16 que se mostraron interesados en crear unha aldea modelo no seu municipio, o que permitirá optimizar a xestión da biomasa preto das vivendas.

A iniciativa das aldeas modelo nace co obxectivo de executar a limpeza das franxas secundarias e poñelas a producir. Unha vez despexadas esas franxas porase en valor ese terreo creando actividade agrogandeira nelas, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etcétera. Todo isto funcionará como devasa natural fronte o lume xa que, desenvolvendo actividade económica nas franxas non será preciso rozar tódolos anos.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.