A novela Wind Smith preséntase este 28 no Ateneo Valle-Inclán

27 Agosto 2019

20190827 Este mércores 28 de agosto o Ateneo Valle-Inclán de Ribeira vólvese poñer literario: un dos traxes que mellor lle queda á entidade cultural con sede no Bar Plaza. En termos concretos, vai acoller a presentación de Wind Smith (The Fall of Broken Hearts), unha obra de corte fantástico da escritora María Fernández Méndez con ilustracións de Regina Gutiérrez. A presentación contará coa presenza do dramaturgo e contador de Ribeira Quico Cadaval.

O libro, editado polo selo independente CreateSpace Independent Publishing Platform e distribuído pola tenda en liña Amazon en formato de tapa branda e ebook (Kindle), é unha novela en inglés que nos aproxima á vida de Wind Smith, que con dez anos de idade descubre unha capacidade que a sitúa un paso por diante do resto dos seres humanos, en termos de evolución humana: a capacidade para transmitir a súa conciencia interior na mente dos demais.

Segundo se fai saber na súa presentación nas redes, Wind Smith é “unha historia sobre o futuro da humanidade e o noso potencial de cambio”, unha historia na que “a viaxe do descubrimento propio de Wind serve de parábola para quen queira facer do mundo un lugar mellor”.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.