A Deputación inviste máis de 720.000 euros no mantemento de 82 empregos dentro da PEL-PEME

29 Agosto 2019

20190829. A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as 82 PEME beneficiarias das axudas para o mantemento da contratación integrada dentro da liña PEL-PEME Mantemento do Plan de Emprego Local (PEL) para apoiar o mantemento do emprego de calidade na provincia.

Trátase dun investimento de máis de 720.000 euros nun programa que ten como principal obxectivo apoiar o tecido empresarial para o mantemento da contratación laboral indefinida de 82 persoas contratadas na anterior convocatoria do PEL-PEME 2018.

A través desta liña xa consolidada para as PEME, o PEL permitirá o mantemento da contratación indefinida de 82 traballadores, posibilitando a cada empresa beneficiaria o mantemento dun traballador ou traballadora por un período de 12 meses, financiando o programa o 50% dos custos salariais totais da persoa, cun importe máximo de 11.000 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que “trátase dunha aposta pola estabilidade no emprego”, lembrando que por segundo ano consecutivo as empresas dispoñen dunha liña específica de axudas para manter no seu cadro de persoal aos traballadores contratados na anterior convocatoria.

Ademais, González Formoso engadiu que “con esta liña, 82 persoas que o ano pasado atoparon emprego en empresas do sector privado grazas ao PEL da Deputación poderán seguir traballando”, sostendo que o obxectivo é conseguir que as contratacións do PEL non se limiten a períodos dun ano e fomenten emprego “estable e de calidade.”

Atendendo ao tipo de negocio a maioría dos beneficiarios son microempresas (60’97%) e empresarios individuais ou autónomos (26’83%). A porcentaxe restante, o 12’20% das solicitudes concedidas, corresponde a pequenas e medianas empresas (de 11 a 50 traballadores).

Por sectores produtivos, a distribución é dun 51% do sector terciario, case o 26% do sector primario, preto do 20% do sector secundario e o 3% de carácter multisectorial. Respecto destes sectores produtivos destacan dentro do primario a gandería (18%), dentro do sector secundario a construción e reformas (9%) e dentro do terciario o comercio (8%) e hostalería e turismo (7%).

Trala comprobación do cumprimento dos requisitos indicados nas bases da axuda das 100 solicitudes presentadas, 82 foron propostas para recibir a axuda. Ao ter previsto esta convocatoria un orzamento superior ao importe total solicitado polas empresas realizouse a concesión directa da axuda ao total de solicitantes que cumprían tódolos requisitos.

Así, nos concellos que conforman Arousa Norte concedéronse 2 a Boiro cun importe de 22.000 euros e 1 a Rianxo con 9.000 euros.

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.