A comunidade dorneira celebra este 9 de agosto a Cea-Baile de Gala

05 Agosto 2019

20190805 A Festa da Dorna 2019 (LXXI singradura) de Ribeira rematou, pero non de todo, porque aínda queda unha conta pendente cos socios e socias, unha das actividades máis históricas do repertorio de celebracións dorneiras. Falamos do Cea-Baile de Gala, en palabras da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, organizadora da festa do mesmo nome, “a mellor maneira que poñer fin á singradura”. A xuntanza será este 9 de agosto, venres, no restaurante Baiuca.
A cea (que ten prazas limitadas) comezará ás 21.30 horas e o baile (con aforo limitado) sobre as 23.58. Segundo informa a organización, haberá autobús de ida e volta. Tamén se lembra que para quen queira máis información sobre os detalles da cita, están dispoñíbeis en festadadorna.gal e máis no Facebook da Cofradía.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.