Unha achega de Deloa axudará a financiar a nova intervención no Castro da Cidá

09 Xullo 2019

20190709. O Concello de Ribeira veu confirmada a concesión dunha achega de fondos Leader xestionados pola asociación Deloa para seguir escavando o xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá a través dunha nova intervención que se centrará na muralla do recinto superior poboado cunha duración de dous meses.

Esta actuación ascende a 226.575 euros e a achega de Deloa é, en principio, de 86.417 euros, se ben se podería incrementar no futuro nun máximo doutros 78.529 euros no caso de que existan remanentes ou fondos dispoñibles na presente convocatoria de proxectos 2019-2020.

De acordo coas investigacións levadas a cabo ata o momento, Castro da Cidá posuía tres liñas de defensa formadas por dúas murallas terraplenadas exteriores e, na parte máis próxima ás cabanas, por un terraplén rematado en parapeto circundando a plataforma superior ou croa. A intervención focalizarase neste último parapeto, nun espazo de aproximadamente 304 metros cadrados cunha lonxitude aproximada de 53 metros e entre 5 e 6 metros de anchura.

Ademais da escavación propiamente dita, a actuación inclúe a restauración e consolidación desta área e a posta en marcha dun plan de divulgación e posta en valor que comezará desde o mesmo momento en que se inicie o traballo de campo, con visitas durante toda a intervención nas que o equipo arqueolóxico atenderá as inquietudes.

Así mesmo, está pendente unha cuarta actuación financiada pola Deputación que afectará a catro elementos castrexos de Arousa Norte, entre eles, Castro da Cidá, cun proxecto aínda por concretar.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.