Tres campamentos de verán para xuventude en risco de exclusión ou con diversidade

19 Xullo 2019

20190719. A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira, que dirixe Ana Ruiz Reiriz, está implicada na celebración de tres campamentos de verán para que nenos e mozos en risco de exclusión ou con diversidade funcional poidan desfrutar de alternativas de ocio na época das vacacións.

O obxectivo desta tripla iniciativa reside en favorecer a convivencia co medio natural nun entorno normalizado no que, a través de actividades lúdicas e recreativas, se favoreza a diversión, entretemento e relación cos demais, fortalecendo así o seu desenvolvemento sociopersoal.

Os devanditos campamentos son o Campamento de Convivencia Golfiño, que se celebrará do 16 ao 22 de agosto no campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), con 14 prazas destinadas a nenos e mozos inscritos nos programas de Servizos Sociais; o Campamento Viveiro Dorneiro, cunha reserva de 6 prazas para nenos que forman parte dos programas de Servizos Sociais, desenvolvéndose no mes de xullo; e o Campamento de verán A Pita Cega, con reserva de 5 prazas e dirixido a persoas con diversidade funcional que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, posúan unha capacidade mínima de comunicación e unha mobilidade acorde coas características da instalación, non presentando trastornos que poidan alterar a convivencia no transcurso da actividade do 22 ao 28 de agosto.

Para este último campamento, o prazo de inscrición abrangue desde o 21 de xullo ata o 10 de agosto e as solicitudes estarán a disposición no Departamento de Servizos Sociais, a páxina web do Concello www.riveira.gal e na Oficina de Atención Cidadá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.