Renacer, Cofradía da Dorna e Concello repartirán 3.000 preservativos

17 Xullo 2019

20190717 Non te molles, usa chuvasqueiro. Este é o lema da campaña lanzada pola Asociación Renacer de Ribeira en colaboración co Concello e a Cofradía da Dorna para os festexos dorneiros que están a piques de comezar (a partir deste 18 de xullo, e en formato explosivo e intensivo). A campaña a prol do sexo seguro, consentido, con sentidiño, e saudábel, incluirá a distribución de máis de 3.000 preservativos no transcurso dos festexos.

“Agora que vai arrancar a LXXI Singladura da Festa da Dorna”, explican dende Renacer, “non te esquezas de levar o teu chuvasqueiro no peto, bolso, mochila, faldriqueira ou onde che pete, pero lévao”.

As actividades deste xoves

Respecto do programa do día 18, a xornada inaugural, as actividades comezarán sobre as 18.30 no parque García Bayón, a carón da Galeguiña, onde os locais co distintivo de Profesional Dorneiro oficiarán de inauguradores (rompedores de cintas institucionais). Logo será a quenda dos decibelios, co concerto de De Vacas ás 21.15 horas no escenario do sol, o percorrido do Facho Dorneiro a partir das 22.35 horas e Seremonia de Inisiasión ás 23.00 horas, na porta do Sol. O programa da primeira xornada complétase coa macroqueimada dorneira ás 23.20 horas e o concerto de Sés ás 23.40 horas, tamén no escenario do Sol.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.