Os socialistas de Ribeira levarán ao pleno a cuestión sobre o aparcamento do ‘Agro do Prego’

27 Xullo 2019

20190726. O grupo municipal ribeirense do PSdeG-PSOE levará ao pleno ordinario o aparcamento disuasorio do ‘Agro do Prego’, pois indican que recibiron queixas de usuarios e residentes de Abesadas e Cubeliños.

Segundo manifestan os socialistas, no mes de xullo do 2018 habilitouse o aparcamento disuasorio no ‘Agro de Prego’ cun desmonte de terra vexetal, suplida por restos de materiais de obras varias, e realizouse un desvío do tramo do río da Mámoa.

Así mesmo, expresan que actualmente as obras de acondicionamento de dito aparcamento están sen finalizar, “con importantes montículos de restos de asfalto que ocupan o espacio destinado a vehículos, e sin a canalización acordada do río; pese a que nas condicións de contratación da obra, unha cláusula reseña que as obras deben finalizar cun prazo de tres meses, dende o inicio das mesmas.”

Ademais, indican que a razón esgrimida foi a dun problema coa autorización de Augas de Galicia.

Por todo o exposto, fan as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, pode decirnos o motivo desta enorme demora na realización do aparcamento disuasorio no ‘Agro de Prego’? 2. Vai a facerse a canalización do río, na mesma ubicación do cauce antiguo? 3. Que capa de acabado final vai a ter o aparcamento?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.