Os socialistas de Ribeira levarán a pleno a ocupación dun espazo en Deán Grande

29 Xullo 2019

20190729. O grupo municipal ribeirense do PSdeG-PSOE explica que o pasado 10 de agosto de 2018, na zona de Deán Grande, un veciño depositou cinco pezas de granito na praza, entre as vivendas n° 41-43 e 44, polo que afirman que se imposibilita o uso cotiá da entrada das casas e leiras con calquera tipo de vehículo e, incluso, se dificulta o acceso a pé.

A pavimentación da referida praza e a instalación na mesma da rede municipal de auga potable, electricidade e saneamento, foi realizada polo Concello de Ribeira, máis de trinta anos atrás, polo que nunca se discutiu a titularidade pública deste espazo.

Desde o grupo manifestan que consideran que “queda suficientemente demostrada a titularidade pública de dito espazo, que da acceso a propiedades, e comunica distintos lugares.” Así mesmo, citan que a Dirección Xeral do Catastro de Galicia, establecía nesa data que esta área se encadraba no Camiño Público de referencia catastral 15074A93809046.

Ademais, no nomenclátor do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ribeira, indican que figura “porque así fora acordado en pleno como espacio público.”

Actualmente, a Xerencia do Catastro de Galicia abriu un prazo de Trámite de Audiencia entre a veciñanza do lugar para presentar alegacións respecto dun procedemento de corrección de discrepancias, aberto a instancias de parte afectada, xa que “un particular alterou a titularidade do predio.”

Segundo os socialistas, “encontrámonos sencillamente cunha situación singular, na que o municipio debe ser o máis interesado en impulsar un expediente de deslinde do dominio público. Unha Institución defensora da Lei e dos dereitos da cidadanía, entre eles o de poder facer uso do dominio público, e impedir a súa usurpación.”

Por todo isto, solicitan que o Concello de Ribeira se personifique como parte para defender o dominio público, a través dun informe sobre a situación legal deste espazo pavimentado desde fai máis de trinta anos e dotado con servizos municipais; ademais de “que a maior brevidade posible, se adopten as medidas oportunas para restablecer e executar o deslinde da área concreta e esixir, no seu caso, as responsabilidades que procedan pola ocupación indebida dun espazo que, consideramos, público.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.