Once compañías profesionais participarán na Mostra de Teatro de Ribeira

26 Xullo 2019

20190726. Ribeira acollerá unha nova edición da Mostra de Teatro do 27 de setembro ao 5 de decembro. A concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto cos técnicos Unai González e Sandra Sampedro, presentou esta mañá os detalles do evento.

Trátase da mostra máis longa da última década en Ribeira, pois un total de 11 compañías profesionais laureadas co Premio de Teatro María Casares serán as encargadas de achegar esta rama das artes escénicas a través das súas diversas obras. A concelleira sinalou que haberá rostros coñecidos, xa que “para min coma ribeirense é unha honra que, na segunda función, teñamos como protagonista á ribeirense Susana Sampedro.”

Sarabela Teatro levará Normas para saber vivir na sociedade actual o venres, 27 de setembro; Redrum Producións con Idiota o venres, 4 de outubro; Malasombra con Bernarda o venres, 11 de outubro; Ibuprofeno Teatro con Casa o’ rei o venres, 18 de outubro; Dinamo Producións con Eu queríame casare o venres, 25 de outubro; Redrum Producións con Invisibles o venres, 1 de novembro; Producións Teatrais Talía con Vida de cans o venres, 8 de novembro; Contraproducións con A compañeira de piso o venres, 15 de novembro; Produción Excéntricas con Carpe diem o venres, 22 de novembro; A Panadería con Elisa e Marcela o venres, 29 de novembro; e De Ste Xeito con Running o xoves, 5 de decembro. Da mesma maneira, tentarase que o colofón corra a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.

Ademais, seguirase coa venta de entradas e bonos. O bono para as 11 sesións custa 25 euros, polo que cada unha sae a 2’27 euros, e estará á dispoñible a partir da vindeira semana na Casa do Concello, en horario de 09.30 a 13.00 horas de luns a venres. Por outra banda, o prezo das entradas individuais será de 4 euros por sesión, podendo adquirirse durante a semana anterior ao espectáculo. María Sampedro apuntou que “o noso obxectivo é vender o maior número de bonos posible, superando os 171 que se venderon o ano pasado.” Deste xeito, o propósito desta edición establécese en superar os 200.

Así mesmo, as 270 butacas están numeradas, polo que todo aquel que dispoña do bono xa ten reservado o seu asento para as 11 sesións e os que se decanten polas entradas individuais collerán aquelas prazas que queden libres. Tamén se destacou que, a diferencia do ano pasado, tódalas entradas terán un custe que se deberá abonar.

Tódolos espectáculos se celebrarán ás 21.30 horas e están recomendados para maiores de 16 anos.

Colaboran AGADIC e Deputación da Coruña.

Outros artigos

Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...