O Concello de Rianxo convoca para o 11 de agosto un novo ascenso trail á Muralla

05 Xullo 2019
Un dos trailers participantes na edición de 2017/ Imaxe de BTT Rianxo

20190705 Boa parte das e dos mellores deportistas montañeiras/os da nosa terra vanse xuntar o vindeiro domingo 11 de agosto en Rianxo. Así nolo confirma o Concello de Rianxo (Servizo de Deportes), que vai organizar na dita xornada a cuarta edición do Trail Subida ao Pico da Muralla. Segundo informa o Concello, a saída da categoría absoluta será ás 10.30 horas, e a distancia a cubrir de 15 quilómetros, pero cun engadido extra nada desprezábel: haberá un desnivel acumulado de 671 metros.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo até o 8 de agosto, nas ligazóns de Emesports para a andaina (tres euros) e para o trail (seus euros). Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para optar a algúns dos galardóns será “condición indispensábel” ter rematada a carreira. As categorías de trail serán as seguintes: senior masculino e feminina (18-40 anos), veteranas e veteranos (de 41 a 55 anos) e veteranas e veteranos II (de 56 en adiante). A andaina terá categoría única e non será competitiva. Para máis datos sobre as bases do regulamento e o track do percorrido, cómpre consultar a información específica que achega a web do Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.