O CIFP Coroso contará con 44 prazas en FP Dual con prácticas en empresas da comarca

03 Xullo 2019

20190703. O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, visitaron a fábrica de conxelados Ángel López Soto, unha das encargadas de impartir este ano a formación dual de FP do CIFP Coroso.

O delegado da Xunta informou que a Consellería de Educación contempla no curso 2019/2020 12.384 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia da Coruña -sendo estes números moi similares ao curso anterior- en 510 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 8.907 forman parte do réxime ordinario -3.410 en grao medio, 3.805 en grao superior, 1.368 en FP Básica e 324 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-. Outras 1.882 son do réxime modular para persoas adultas -895 en grao medio e 987 en grao superior- e 1.000 do réxime modular a distancia -450 en grao medio e 550 en grao superior-.

No referido a FP Dual ofértase un total de 595 prazas na provincia -271 en grao medio e 324 en grao superior-. A principal novidade é a incorporación á oferta de 35 novos proxectos de FP Dual, un 59% máis dos que entraron en funcionamento na provincia no 2018/2019.

Neste sentido, o delegado territorial lembrou que “a FP Dual é o modelo de formación de futuro, no que o alumnado pode formarse e vivir á vez a realidade dun centro de traballo, e na que a empresa se involucra tanto no propio currículo do ciclo como na formación complementaria do estudante.”

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta oferta é unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos locais.”

O CIFP Coroso de Ribeira oferta 3 ciclos de FP Dual en empresas, dous deles no ciclo de grao medio en Elaboración de produtos alimentarios e un no ciclo de grao superior en Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos. En total ofértanse 44 prazas nestes 3 ciclos duais. Neste centro de formación, os dous novos ciclos de elaboración de produtos alimentarios realizaranse en colaboración coa empresa Ángel López Soto S.L. e con Salica Alimentos Congelados e o de mantemento de instalacións térmicas e de fluídos con Aluminios Cortizo, Amegrove Sociedad Cooperativa Gallega, Ángel López Soto S.L., Conservas Ría de Arousa S.L., Ignacio González Montes S.A., Rotogal S.A., Santiago Manuel Radio García e Tecfrisa Instalaciones e Ingeniería S.L. Deste xeito, avánzase no Plan de dinamización da FP Dual de Galicia e foméntase a incorporación destas ensinanzas a sectores estratéxicos e punteiros e adáptase a formación ás necesidades da empresas locais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

“Medio século falando de Galicia, en galego” – Antón Luaces

“Medio século falando de Galicia, en galego” – Antón Luaces

Este  venres, 23 de xaneiro, ás 19,00 horas, unha exposición sobre memoria, cultura e país abrirá un programa de actos cos que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, conmemorará os seus primeiros 50 anos de vida. É este un colectivo de persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.