Jorge Álvarez conquista o bronce no Campionato Ibérico Optimist

09 Xullo 2019

20190709. Jorge Álvarez logrou con tan só 12 anos o bronce na categoría infantil do Campionato Ibérico Optimist disputado en Vilagarcía. Jorge expresou que “foi unha boa experiencia pois traballei durante todo o ano para conseguir este campionato, no cal non conseguín quedar primeiro, pero aínda así o terceiro posto estivo ben.” Así mesmo, agarda estar o máis arriba posible no de España e na seguinte tempada intentar levar trofeos no maior número de regatas posible. Todos estes logros son froito do traballo duro, pois no verán adestra dous días semanais, sen esquecer o esforzo feito durante o resto do ano, tentando chegar o antes posible para montar o barco e “aproveitar ao máximo o día para ir aprendendo cada día un pouco máis.” Ademais, empezou desde moi pequeno na vela, con 9 anos, e considera que é “un deporte que require un pouco de todo, de físico, cabeza, moi completo.”

Andrés Davila, adestrador de Jorge, manifestou que fixo unha gran tempada, “traballando moito durante todo o ano.” De feito, empezou gañando a Juan Carlos I en sub-13, para posteriormente conseguir a Copa Deputación de Ourense e o terceiro posto na Copa Galicia Campionato Ibérico Optimist. Agora quédanlle dúas tempadas máis de Optimist e “agardamos que se afiance e chegue ao máis alto.”

Pola súa parte, o presidente do Club Náutico Deportivo de Ribeira, José Luís Torres Colomer, indicou que “é un orgullo que a nosa escola de vela estea funcionando, que saque a xente postos coma o de Jorge Álvarez, que outros alumnos estanse clasificando tamén para os campionatos importantes e, polo tanto, seguiremos nesa liña.” De feito, pola escola de vela pasan máis de 300 rapaces ao longo do ano.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.