Aviso da Policía Local ribeirense con motivo da V Carreira pola Diversidade

11 Xullo 2019

20190711. A Policía Local de Ribeira vén de anunciar que o domingo, 14 de xullo, desde as 09.00 ata as 13.00 horas, non se poderá circular por onde transcorra a V Carreira pola Diversidade.

Por este motivo, aconsellan a retirada de vehículos das zonas da avenida do Malecón, García Bayón, paseo das Carolinas e avenida A Coruña. Aqueles que non fosen retirados antes da hora expresamente indicada na sinalización provisional colocada para este evento deportivo, serán levados pola grúa municipal ou inmobilizados in situ ata a finalización da carreira.

Ademais, ao centro de saúde e toda a zona portuaria só se poderá acceder e saír pola rotonda da Comandancia, dirección rúa Romero Ortiz ou estrada de Castiñeiras, DP-7307. Así mesmo, estableceranse as paradas de autobús na zona de carga e descarga da rúa Miguel R. Bautista, onda Levirsa, e no cruce das rúas Galicia-Barreiro, onda a farmacia de Calo.

Desde a organización piden desculpas polas molestias e agradecen a colaboración e comprensión prestada, polo interese xeral e da seguridade.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.