As Noites de Jazz encherán Rianxo de concertos, obradoiros e exposicións

22 Xullo 2019

Rianxo ferve de cultura este verán, co engadido de ser contidos para todos os gustos e tendencias. Que nos gusta o jazz? Pois non só imos ter concertos a pé de rúa, senón tamén, a posibilidade de dar os nosos primeiros pasos (ou segundos) neste estilo de música. Disto tratan as Noites de Jazz que organiza a Concellería de Cultura. Toda a información sobre os grupos, os obradoiros e as exposicións témola dispoñíbel en noitesdejazz.gal.

Respecto dos concertos, serán todos (agás o do sábado 3 de agosto, que será na rúa de Abaixo ao mediodía) na praza de Rafael Dieste a partir das 22.30 horas. Actuarán EMR Ensemble (o martes 30), ADN Cuarteto (o mércores 31), David Lojo Quartet (o xoves 1 de agosto), Menil & Amigos (o venres 2) e a Low Bay Hot Band (o sábado 3 de agosto, na rúa de Abaixo a partir das 13.00 horas).

O festival terá unha vertente educativa que vén con catro actividades a desenvolver no centro sociocultural do Auditorio de Rianxo: un curso sobre contrabaixo e baixo eléctrico no jazz e músicas afíns (o mércores 31 de xullo de 10.00 a 14.00 horas, a cargo de Alfonso Calvo), unha clase maxistral de trompeta (o xoves 1 de agosto, a cargo de David Lojo, en horario de 10.00 a 14.00 horas), un curso sobre arranxos para música moderna e jazz (ao venres 2 de agosto, da man de Alfredo Susavila, en horario de 10.00 a 14.00 horas) e un curso de iniciación ao trombón (o sábado 3 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas, da man de Ramiro Lamas).

Por último e non menos importantes, as Noites de Jazz terán unha faceta expositiva. Estamos a falar da exposición que acubillará a sala de mostras do Auditorio de Rianxo, unha aproximación pictórica ás vibracións jazzísticas da cidade de Nova York a cargo do artista Delio Sánchez. Estará aberta ao público entre o 29 de xullo e o 17 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.