Antuán de la Cream chega o 14 de agosto a Escarabote

30 Xullo 2019

20190730 O pallaso-malabarista Antuán de la Cream estará os días vindeiros en Escarabote (Boiro) para complementar, con risas e diversión, os días de lecer estival da rapazada. Será un espectáculo de circo-clown para todos os públicos, de balde, a desenvolver na praza da Agramuíña, fronte ao Centro Social de Escarabote. A cita está fixada para o 14 de agosto a partir das 21.00 horas. Organizan o Concello e máis a axencia autonómica AGADIC.

Antuán de la Cream, para que non o coñeza a estas alturas, é un artista multidisciplinar que divirte e marabilla a partes iguais, ao máis puro estilo clown. Os seus espectáculos, que deixan moita marxe para a improvisación, adoitan ser un fluxo constante de problemas (nos que el mesmo se mete, sen axuda de ninguén) que precisan ser resolvidos da súa man, e coa axuda da cativada que haxa público. Desde 2008 Antuán da Cream presentouse en máis de 250 funcións, por cidades e festivais de toda a xeografía estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...