Adxudicada a Espina y Delfín a mellora do depósito de Moldes

19 Xullo 2019
Sede de Espina y Delfín en Santiago

20190719 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a mellora do depósito de Moldes, no concello de Ribeira, que é o que abastece de auga aos termos municipais da comarca do Barbanza. O proceso foi adxudicado á empresa Espina y Delfín, con sede principal en Santiago e especializada en obras públicas e na xestión integral do ciclo da auga. O orzamento é de 48.000 euros e as obras teñen un prazo de execución de 4 meses.

En detalle, os traballos a realizar consisten na optimización do depósito de cabeceira que abastece a Ribeira e Pobra do Caramiñal, e que acubilla auga da ETAP do río Ulla. Neste depósito precederase a substituír as partes deterioradas e subministrar un sistema de dosificación de hipoclorito sódico, así como de un contabilizador de cloro en continuo alimentado por enerxía solar. Tamén se inclúe unha nova execución dunha caseta de reactivos e a adaptación das instalacións de control para o envío a distancia de información da análise permanente de cloro.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.