A Xunta asume a titularidade de varios treitos da autovía de Barbanza

16 Xullo 2019

20190716. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a aprobación no cambio de titularidade a favor da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de treitos da estrada provincial DP-7310, no Concello de Ribeira, coma accesos á autovía do Barbanza (AG-11).

O departamento de Infraestruturas da Xunta de Galicia foi quen solicitou que lle fosen transferidos estes tramos provinciais, conformando cos construídos con novo trazado unha única vía de titularidade autonómica, unha vez materializada a súa transferencia, co obxectivo de “racionalizar a rede viaria e darlle o mellor servizo posible aos cidadáns.”

Deste xeito, transfírenselle á Xunta tres tramos de lonxitudes de 427 metros, 326 e 298, sumando un total de 1.051 metros. Así, o Goberno autonómico incorporará a lonxitude total deste ramal da AG-11 á súa rede. Ademais, sinalan que os citados tramos “beneficiaranse dos medios da conservación común e tamén serán obxecto de actuacións promovidas pola Administración autonómica.”

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.