A XIII Regata Gadis pecha este sábado a tempada de Cruceiros en Ribeira

09 Xullo 2019

20190709. A tempada alta de Cruceiros en Ribeira despídese este sábado coa celebración da XIII Regata Gadis, unha cita á que concorrerán tódalas principais Divisións do ORC (Regata, Regata/Cruceiro e Cruceiro) e cunha participación estimada en preto da vintena de embarcacións.

No acto de presentación estiveron o presidente do Club Náutico Deportivo ribeirense, José Luís Torres Colomer; o Comodoro, José Luís Lomba; o Delegado da Área de Santiago de Gadis, Román Roo Álvarez; e, o Delegado de Gadis en Ribeira, Luís Vázquez.

Torres Colomer indicou que “cada clase terá tres premios, que é o noso símbolo do Náutico, o cabaliño de mar de bronce.” Así, repartiranse un total de nove premios, mentres que “Gadis daralle ao patrón ou armador de cada barco unha fermosa zamarra para ir ben equipado no mar cando o precisen.”

Lomba precisou que para esta regata teñen un percorrido establecido, “normalmente o máis largo que temos”, pero que foi necesario deseñar outros itinerarios alternativos “polas condición metereolóxicas que temos para este sábado de ventos variables de compoñente sur, polo que a previsión non é moi fiable ao tratarse dunha borrasca.” Deste xeito, hai un total de 12 rutas planificadas que se elixirán na reunión de patróns que se realizará unha hora antes de iniciarse a regata, todas elas de trazado costeiro a excepción dun barlovento-sotavento, é dicir, un circuíto entre boias de tan só 6 millas se o vento fose de escasa intensidade. Ademais, todos eles ofrecen unha distancia que de media sitúase preto das 12 millas, uns 22 quilómetros.

Roo Álvarez falou en nome de Gadis, manifestando que “a nosa colaboración con eventos deportivos destas características supón unha das bases do noso programa básico de responsabilidade social corporativa e unha mostra máis do apoio na sociedade na que operamos.” Tamén puntualizou que “ao longo deste exercicio pasado, do 2018, levamos a cabo máis de 2.100 colaboracións, das cales case o 40% estiveron relacionadas con hábitos saudables e deporte.”

Tras a celebración da Ramiro Carregal Rey, da que o club de Ribeira é colaborador co Real de Portosín, seguíronlle a Regata Frinsa e a Regata Congalsa, sendo a Regata Gadis o broche de ouro da tempada, á cal asistiron os veleiros máis destacados de toda a flota da comarca, así como de outras rías coma a de Vigo, Pontevedra e A Coruña.

A ría de Arousa convértese así, unha vez máis, nun atractivo marítimo que poderá ser navegada en plenitude e en toda a súa extensión, pasando por A Pobra, Boiro ou Rianxo.

A saída está prevista ás 14.00 horas deste sábado desde inmediacións do Náutico de Ribeira, partindo de maneira gradual e cunha diferencia de cinco minutos, primeiro os Regata, a continuación os Regata/Cruceiro e por último os Cruceiro. A entrega de premios celebrarase ás 18.00 horas.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.