Os Bolechas promoverán a reciclaxe de aparellos en Ribeira

12 Xuño 2019

Os refugallos eléctricos, electrónicos e informáticos (tamén coñecidos como RAEE) e os mellores xeitos de garantirlles unha correcto tratamento van ser o leit motiv da nova xira da familia de Os Bolechas pola nosa terra, unha xira que xa comezou (en Marín, na Estrada, en Ames, na Coruña e en Carballo hoxe) e que proseguirá en Santiago (os días 13 e o 14 de xuño, con motivo do festival O Son do Camiño) e en Narón (o día 15). Por certo que o día 25 de xuño a xira fará unha recalada en Ribeira, en horario de 16 a 22 horas.

Así nolo conta a Consellería de Medio Ambiente, organizadora do periplo lúdico-ambiental, un percorrido se fixo coincidir con algunhas das festas e eventos máis senlleiros da tempada para acadar, desta maneira, as máximas pegada e repercusión.

Entre estas grandes citas inclúese tamén o Resurrection Fest de Viveiro.

Ao abeiro da xira, os acontecementos multitudinarios da tempada contarán coa presenza de postos informativos medio-ambientais, unha carpa inchábel, pantallas táctiles con xogos interactivos e vídeos divulgativos sobre as vantaxes de reciclar aparellos eléctricos e electrónicos, comezando (o primeiro elo da cadea) por depositarmos estes trebellos en desuso nos puntos limpos fixos ou móbiles ou nos contedores específicos habilitados. Por suposto, a xira verase complementada (e impulsada) coas contribucións in situ dos integrantes da familia de Os Bolechas, os persoeiros creados por Pepe Carreiro.

Esta nova actuación enmárcase na campaña O que se enchufa, recíclase, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente co obxectivo de “mellorar a xestión e o tratamento deste tipo de refugallos pola vía da concienciación e da sensibilización cidadá”. Será, en palabras da consellería, “unha campaña de street marketing ou mercadotecnia de rúa na que se contará tamén coa colaboración de Os Bolechas, os protagonistas da popular serie de contos que se ocuparán da parte de sensibilización dirixida ao público infantil”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...