Novas oportunidades para visitar Sálvora e a illa de Ons en xullo

25 Xuño 2019

20190625. Arousa NeO organiza para o próximo mes de xullo dúas visitas a dous dos arquipélagos encadrados no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A primeira será a Sálvora Starlight o sábado, 6 de xullo, desde as 16.00 ata as 01.00 horas. A saída e chegada en barco será desde Ribeira cun custe de 35 euros. Entre as actividades inclúese a ruta do faro, a ruta da aldea e unha observación do ceo nocturno, entre outras.

Por outra banda, a viaxe á illa de Ons está programada para o domingo, 28 de xullo, desde as 09.00 ata as 21.00 horas. A saída e chegada en barco será tamén desde Ribeira, cun límite de 200 prazas e un custe de 17 euros para persoas a partir de 13 anos (inclusive), de 10 euros para nenos e nenas de 3 a 12 anos e de balde para cativos menores de 3 anos acreditando a súa idade mediante a presentación dun documento de identificación. Entre as actividades inclúense rutas polos cantís da enseada de Caniveliñas, o Miradoiro de Fedorentos, o Burato do Inferno e polo sendeiro do faro, así como o desfrute das súas praias, entre outras.

Para máis información e realizar a correspondente inscrición poden visitar as páxinas web www.andainas.com e www.arousa.com.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.