Continúa a rolda de contactos do PP coas demais forzas da corporación ribeirense

20 Xuño 2019

20190620. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, contactou xa con varias agrupacións políticas presentes na corporación municipal co obxectivo de falar sobre a organización durante a próxima lexislatura. Ruiz valorou que a situación se está desenvolvendo, ata o de agora, “segundo o esperado e o guión que publicamente manifestaron os grupos.” De feito, sinalou que o PBBI nega todo tipo de diálogo e só quere estar presente nas reunións con outros portavoces. Respecto das demais formacións, expresou que “están abertos a intereses puntuais á hora de estudar os presupostos e outro tipo de cuestións nas que poidan ter plantexamentos diferentes ao noso, é dicir, a que se vexan representadas nesas contas as inquietudes propias.” Tamén aclarou que “teñen unha canle de diálogo aberta e permanente co goberno que lle permite coñecer as nosas posturas e acercar as súas, ou que nós nos acerquemos ás deles.” Así mesmo, precisou que contactará con tódalas forzas, incluída Suma Ribeira, porque “é o que fixen sempre” para ver cales son as súas inquedanzas e preocupacións ao consideralos “importantes cualitativamente.”

Pola súa parte, Vicente Mariño de Bricio, do PBBI, manifestou que recibiu a chamada do rexedor ribeirense mais que “a proposta que queiran facer desde o goberno, desde Alcaldía, escóitoa pero en xunta de portavoces, con todos xuntos.” Do mesmo xeito, descartou chegar a apoios de mandato cos populares e que, simplemente, “eu vouno apoiar no que vexa correcto do que sexa beneficioso para Ribeira e para as súas parroquias.” Polo tanto, indicou que se Ruiz quere facer algunha proposta, “que a faga nunha xunta de portavoces e escóitoa con tódolos grupos en conxunto”, así como que “terá que buscar os apoios nos que indirectamente o apoiaron o sábado.”

Xosé Vázquez Cobas, do BNG, explicou que tiveron onte un primeiro contacto cos populares e descartaron entrar no goberno porque “é algo que non se contempla pola nosa parte de ningunha das maneiras.” Ademais, negáronse a un pacto de lexislatura para darlle estabilidade ao goberno, xa que “nós estamos dispostos a falar e negociar con tódolos grupos políticos en cousas concretas que afecten ao benestar da cidadanía.” Cobas tamén explicou que apoiará a tódalas forzas en casos concretos “con aquelas cousas coas que nós esteamos de acordo e que vaian a mellorar a vida dos cidadáns de Ribeira.”

Xurxo Ferrón, de Suma Ribeira, declarou que, polo de agora, non recibiron ningún tipo de chamada, pero que, no caso de producirse, “nós iremos a falar e nalgunhas cousas concretas teremos que reflexionar sobre elas ou ver se temos tempo de facer unha contraproposta”, sempre e cando a asemblea non decida o contrario. Ferrón quixo recordar que “a postura que temos desde o principio, así fixemos antes da proclamación do alcalde, é acudir a tódalas reunións para dialogar, para falar, cando se nos convide a ir.” Mentres tanto, atópanse á espera.

Finalmente, José Manuel Vilas, do PSdeG-PSOE, sinalou que “o máis probable é que nos reunamos mañá” e trasladaranlle o contido da xuntanza aos órganos executivos do seu partido.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...