A comisión de Festas da Guadalupe busca cartel anunciador a través dun concurso

26 Xuño 2019
Cedida por comisión de Festas da Guadalupe de Rianxo

20190626. A comisión encargada de organizar as Festas da Guadalupe recupera unha idea xurdida nos anos 90. Nos festexos celebrado en 1991, o cartel que anunciaba dita cita fora seleccionado nun concurso de debuxo entre os colexios de Rianxo. E este ano fan o mesmo, enviando aos centros de infantil e primaria, no mes de maio, as bases para participar. Ademais, poden presentar as súas obras os pequenos do concello rianxeiro que estuden fóra.

Nas bases do concurso figura que o formato e tamaño dos traballos é libre, sempre que sexa adecuado para reproducir nun póster tamaño A2. O mesmo sucede coa temática, mais a valoración terá en conta que se adecúe ao contido, que non é outro que a divulgación das Festas da Guadalupe 2019. Así mesmo, os debuxos poden incluír texto informativo que anuncie, por exemplo, a data de celebración. Tamén é importante que as obras estean identificadas na parte posterior cos nomes e idades dos autores, así como o centro escolar no que cursan os seus estudos e, se son traballos da aula, identificaranse co curso, aula e centro. Cómpre sinalar que os traballos que se entreguen desde un centro de ensino levan implícita a aceptación das bases e a autorización do seu uso, mentres que os debuxos entregados por outras vías requiren unha autorización expresa dos proxenitores ou titores legais do menor. A obra elixida recibirá un premio de 100 euros que se poderá gastar en libros ou material escolar nas librarías Casa Cándido, Libraría BEN e Estanco Xacobiño, as cales colaboran coas festas. No caso de ser un traballo grupal dunha clase, o vale entregarase á titoría correspondente para o uso conxunto do alumnado. E os traballos non gañadores poderán ser expostos ao público ou nas redes sociais.

Se algún cativo quere probar sorte aínda dispón de dous días, pois o prazo remata o 28 de xuño. Para máis información e descargar a autorización, poden visitar a páxina de Facebook da comisión ou a través do enderezo electrónico festas@festasdagudalupe.gal. A entrega de debuxos e permiso de xeito individual farase no Audiotorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...