O peirao de Cabo de Cruz acolle esta “finde” o Campionato Territorial Norte de Traiñeriñas

07 Maio 2024

O Club de Remo de Cabo de Cruz en colaboración co Concello de Boiro organizan esta fin de semana o Campionato Territorial Norte de Traiñeiriñas que se celebra no Peirao de Cabo de Cruz. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou este martes 7 de maio na presentación da proba xunto co presidente do Club, Luís Piñeiro,

Concorren nesta proba todos os clubs pertencentes a Territorial Norte, provincias da Coruña e Lugo nas categorías cadete, xuvenil e absoluto (masculino e feminino). Este ano inclúese a categoría e cadetes co obxectivo de promocionar as categorías base e que farán a metade de distancia, 1750 metros en dous longos. “O club local ten moitas esperanzas nas categorías absolutas nesta proba, e tamén nos cadetes e xuvenís que se forman para chegar a competición en traíña”, afirmou o presidente do Club, Luís Piñeiro.

O domingo disputarase tamén as bandeiras de veteranos. “O Club de Remo de Cabo de Cruz non deixa de colleitar éxitos e seguro que esta fin de semana tamén o fan nesta competición de traineiriñas no Peirao de Cabo de Cruz”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, que animou á veciñanza a presenciar esta fin de semana esta regata.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión