A Deputación abriu o prazo para presentarmos propostas á VI edición dos Premios PEL

19 Maio 2024

A Deputación da Coruña abriu na véspera do Día das Letras Galegas o prazo de presentación de candidaturas para a VI edición dos Premios PEL ás mellores empresas da provincia. “Logo de seis anos de traxectoria, os premios PEL consolídanse como unha das citas anuais de referencia para o sector empresarial e asociativo da provincia da Coruña, tanto polo elevado número de candidaturas que optan cada ano aos galardóns como pola elevada afluencia de asistentes que rexistran os actos de entrega dos premios ano tras ano”, explicou o presidente provincial, Valentín González Formoso, engadindo que o obxectivo é “recoñecer o esforzo e implicación das empresas, persoas emprendedoras e autónomas e asociacións empresariais da provincia no desenvolvemento económico e na creación de emprego territorio”.

As empresas gañadoras repartiranse un total de 72.000 euros en premios, 18.000 € en cada unha das categorías, o que converte tamén aos premios PEL nun dos mellores dotados economicamente tanto a nivel rexional como nacional.

Galchimia, Diversa Technologies, Numax, Igalia, Porto Muíño, Bionix ou Evasa son algunhas das empresas gañadoras das pasadas edicións dos premios PEL.

Ás xa clásicas categorías de mellor iniciativa empresarial nova e mellor iniciativa empresarial consolidada súmase nesta edición a de mellor iniciativa verde.

Esta terceira categoría establécese como recoñecemento da labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións, clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sustentable, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/ou o uso eficiente dos recursos.

Así, as tres categorías ás que se poden presentar candidaturas na presente edición dos Premios PEL son as seguintes:

1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova; para pemes, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial en 2023 ou 2024 e se constituísen ou estean dadas de alta no RETA neses anos.

2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada; para pemes, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade en 2019 ou con anterioridade e se constituísen ou desen de alta no RETA no mesmo período.

3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa verde, para pemes, microempresas e autónomos/as, asociacións e clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética.

Cada participante poderá presentar a súa candidatura unicamente a unha das tres categorías anteriores. No suposto de presentación de varias candidaturas, só se terá en conta a última presentada, que deixará sen efecto e anulará todas as anteriores, sempre e cando fose presentada dentro do prazo previsto na convocatoria.

Premio a proposta do xurado: mellor iniciativa transformadora do rural

A convocatoria deste ano dos Premios PEL conta tamén cunha novidade, o establecemento dunha categoría de premio a proposta do xurado.

O xurado de expertos outorgará un premio á mellor iniciativa transformadora do rural como recoñecemento ás entidades que desenvolven ideas que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico da provincia, que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostíbel e integrador de zonas rurais, favorezan á loita contra o despoboamento e contribúan a facer fronte ao reto demográfico e demais retos específicos en materia de desenvolvemento do territorio.

Este premio tamén estará dotado con 18.000 euros, pero neste caso esta contía deberá destinarase a un fin concreto: a financiar un proxecto a desenvolver pola entidade gañadora.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto desde hoxe ata as 14.00 horas do 18 de xuño. Poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel. A mera presentación en tempo e forma suporá a súa aceptación no proceso de valoración e selección.

Cada entidade candidata presentará o anexo de memoria de candidatura, que non poderán exceder das 7 páxinas e deberá incluír, con carácter obrigatorio, o enlace a un vídeo de candidatura, aloxado en calquera plataforma dixital de reprodución de vídeo ou na propia web corporativa, gravado en formato horizontal, cunha resolución mínima de 1080 píxeles e de duración non superior a 3 minutos.

Podemos consultar as bases e a convocatoria da VI edición dos Premios PEL, así como demais información de interese, na web da Deputación.

Outros artigos

Martes con chuvascos e temperaturas sen cambios

Xornada de inestabilidade atmosférica, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente fortes diminuíndo cara a noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...