Unha bóla de luz ilumina o ceo de Galicia e outras rexións de España e Portugal

19 Maio 2024

Na madrugada de hoxe, ao redor da 01:00 horas, unha bóla de luz cruzou o ceo de Galicia e outras partes de España e Portugal, sorprendendo a numerosos observadores.

O 112 Galicia recibiu múltiples chamadas de testemuñas que describiron ver “unha gran bóla incandescente en movemento que iluminou o ceo de cor verdoso ou avermellado” e que posteriormente “se desfixo en pedazos”. Moitos destas testemuñas referíronse ao fenómeno como un bólido ou meteorito.

As chamadas proviñeron de diferentes puntos de Galicia, incluíndo O Porriño, Vigo, Redondela, Pontevedra, O Saviñao, Oleiros, Beariz, Nigrán, As Neves, Taboada e A Rúa, todas elas entre as 00:50 e as 01:15 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informou que a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicou que se tratou de “un fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso, que se desintegró ao entrar en contacto coa atmosfera”.

Testemuñas describiron que observaron “un punto moi forte de luz”, similar a “un lume artificial”, que cruzou o ceo durante uns segundos, iluminando a contorna coma se fóra de día por uns momentos. Ademais, sinalaron que deixou un rastro brillante, similar ao dos ronseis dos avións.

En redes sociais, varios usuarios compartiron vídeos onde se pode ver a bóla de luz sobre lugares como Vilanova de Arousa e Sanxenxo.

O fenómeno tamén foi visible noutras rexións de España, como Andalucía, Castela-A Mancha, a Comunidad de Madrid e Estremadura, así como no norte de Portugal e Lisboa.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.