Noia celebrou as Letras lembrando na Alameda a Luísa Villalta e aos poetas locais distinguidos o 17 de maio

19 Maio 2024

O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, a vila de Noia celebrou a nosa cultura facendo a tradicional homenaxe aos escritores locais (distinguidos en pasadas edicións do 17 de maio) Antón Avilés de Taramancos e María Mariño, a carón de cadanseu busto na Alameda. Nos actos, celebrados ao mediodía, participaron membros do Goberno e da Corporación local (por exemplo o alcalde Santiago Freire e o concelleiro de Cultura Pepe Pérez), ademais de familiares dos poetas homenaxeados, amigos e veciños.

Santiago Freire e Pepe Pérez co fillo de Avilés, o director de cine Luís Avilés

Ás 12.15 horas foi a quenda dunha intervención teatralizada a cargo de Serafín Marcos: Historia da palabra.

Os actos polas Letras Galegas proseguirán ao longo do mes de maio e mesmo xa entrados en xuño.

O venres 24 presentarase o libro El despertar de los clones, de José Manuel Castro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura.

O domingo 26 de maio o Teatro Coliseo Noela acollerá o espectáculo Musicalizando, a partir das 18.30 horas. O sábado 1 de xuño representarase a peza teatral Escenas de aquí e de acolá! de Lúa Chea, no Coliseo Noela, a partir das 20.00 horas. O venres 7 de xuño ás 20.30h presentaranse os libros Marea (novela) e 5 (poemas) da escritora da nosa comarca Ana Lojo, na Casa da Cultura.

O 8 de xuño ás 20.30 horas haberá poesía no Coliseo Noela, da man de Jorge Gallardo, que presenta Poesía viva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.