Servizos Sociais de Ribeira pon en marcha un programa de difusión en tódalas parroquias do termo municipal

23 Abril 2024

O tenente de alcalde, Vicente Mariño e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, presentaron este martes 23 na Casa do Mar de Palmeira o novo programa de información e difusión dos Servizos Sociais Comunitarios no Concello. Con esta iniciativa preténdese “achegar a información ao cidadán e aos grupos da comunidade coa finalidade de que reciban unha axeitada información e asesoramento sobre os recursos sociais, así como detectar as necesidades sociais reais para xerar novos recursos”, explicou o concelleiro Mariño.

Deste xeito, procederanse a colocar soportes con dípticos informativos en lugares de interese e maior afluencia como o Centro de Información á Muller, a Casa do Concello, o C.C. Lustres Rivas, o Hospital do Barbanza, os Centros de Saúde de Ribeira, Palmeira, Aguiño e Corrubedo, as instalacións da Policía Local e Nacional, a Escola Infantil Municipal, a Aula CeMIT, o Viveiro de Empresas, a Biblioteca Municipal, o Museo Municipal, o Complexo Deportivo A Fieiteira e as Casas da Cultura das parroquias de Olveira, Carreira, Castiñeiras, Centro recreativo de Artes, Oleiros e Aguiño.

“A través desta campaña de difusión preténdese garantir e facilitar que toda a poboación dispoña da información necesaria sobre os recursos sociais do Concello, así como detectar as necesidades, con vistas a poder prestar axuda e colaboración aos grupos máis vulnerábeis, explicou o alcalde Luís Pérez, quen destacou tamén os servizos de apoio e educación familiar, vivenda alternativa, o programa de exclusión social ou o servizo de cooperación e solidariedade social que o Concello presta en colaboración con outras entidades sociais do termo municipal.

Outros artigos

A Casa da Xuventude abrirá tódolos venres a partir do 24 de maio

O Concello de Ribeira confirmou que a Casa da Xuventude abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos a actividades e obradoiros; co propósito de “satisfacer as necesidades e aspiracións da mocidade do termo municipal”. Segundo anunciou a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que...