“Nó gordiano” – Xulio Xiz

11 Maio 2024

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que decidan cales deses xuíces resultan elevados a dignidades condicionadas pola política para gobernar temas xudiciais.

Coido que, aprobadas as leis, os xuíces son os que teñen que aplicalas, e que aínda que o negro e o branco se fundan en grises, é imposible que un tema poida ter solución afirmativa ou negativa segundo o cristal co que mira quen xulga. Cando escoito que un xuíz é de tal ou cal tendencia política, penso que é como cando un cura se declara homosexual ou hetero, xa que pola abstinencia debida é irrelevante unha tendencia que non poderá consumar.

Nun fallo civil xudicial desfavorable, cabe acudir a superior instancia sabendo que se o recorrente ten razón e os avogados saben defendela, pode saír vitorioso. O problema está no Tribunal que ten que decidir se as leis de cada goberno encaixan na Constitución. Aquí, aínda que aos profanos nos parecen“fabas contadas”, resulta que as posturas xudiciais están condicionadas pola política , e sabendo que se xogan o control lexislativo, os partidos maioritarios queren dominar a institución. PSOE e PP apertan cada vez máis o nó por estimar que niso vailles o futuro, convertendo a solución do tema nun nó gordiano, sen entender que a solución está en afrouxar os extremos das cordas, e non nun corte como o que a lenda afirma que Alexandre o Magno deu para solucionar algo irresoluble.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.