“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

11 Maio 2024

Un estudo filosófico da atemporalidade

Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant

Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista.

Pois por esta razón exposta non merco o libro, por moito Doutor ou Filósofo que sexan, quen sexa.

Velaquí os meus argumentos ante estes ilustres.

O tempo existe e é relativo.

Entón que é o tempo? O tempo é o espazo que transcorre entre que o bebé non ten dentes e ten dentes, é o espazo que transcorre entre entre o teu pelo negro e o teu pelo branco.

É simétrico o tempo? Non, non o é, a nivel persoal, o minuto de espera no dentista, non é o mesmo minuto vendo unha peli.

Recordo hai medio século, un Nadal entramos nunha discoteca, fin de ano, estiven en boa compañía, era o principio, e cando saín sobre as 8 am, había luz, era de día. Algo exclamei, que me fixeron preguntas.

A sorpresa miña era entro na disco, pasa como moito unha hora e xa é de día, é dicir foi un tempo tan pracenteiro, era imposible que na miña hora, a noite se convertera en día.

Unha hora ten sesenta minutos, hai veces que ese minuto, que ese longo, infernal minuto de espera, sufrimos a intensidade do que marca unha hora, outras veces unha hora pracenteira pásanos voando.

O tempo é o espazo transcorrido entre que comecei a escribir, e vou finalizando, o tempo é que en 20 minutos de realizar o escrito, o meu corazón bombeou 100 litros de sangue.

Sen eu sabelo.

Pensar, é un dicir, hai persoas, coñézoas, que sempre teñen un algo que achegar, non importa que sexa o obvio, o seu descoñecemento igual que o exceso de coñecemento, indúcelles a ter que achegar algo en contra, razón ou sen razón.

Aquel que chega á reunión comezada, e sen saber nin como nin porqué, di: “Que falades que me opoño”.

O tempo é vida.

Que fas? Preguntas, respóndenche matando o tempo, ignaros! Seica non sabedes que quen mata é o tempo, o tempo consúmenos dunha maneira ou outra, só matamos o tempo cando vivimos, cando somos felices.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.