A Casa da Xuventude abrirá tódolos venres a partir do 24 de maio

10 Maio 2024

O Concello de Ribeira confirmou que a Casa da Xuventude abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos a actividades e obradoiros; co propósito de “satisfacer as necesidades e aspiracións da mocidade do termo municipal”. Segundo anunciou a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, despois dun “proceso de acondicionamento e da adquisición de mobiliario; estamos preparados para ofrecer o espazo para todas aquelas actividades multidisciplinares que favorezan o desenvolvemento persoal, social e profesional da nosa mocidade.”

Lembrou tamén que a Casa da Xuventude está pensada para ser “un punto de encontro inclusivo e dinámico onde cada mozo e moza poida atopar o seu lugar”. A concelleira salientou que dende o Goberno municipal “estamos abertos a calquera proposta para a realización de eventos, obradoiros ou charlas” e que a decisión de abrir tódolos venres (de 5 a 9 da tarde) responde ás demandas que recibiu a Concellería a través de redes sociais e logo de realizar un proceso de consulta mediante un pequeno formulario.

Algunhas das actividades que a Casa da Xuventude acollerá proximamente serán unha formación e obradoiro audiovisual, proposto pola Asociación Ribeira Crea, e un obradoiro de repostería creativa en inglés. “Agardamos que a Casa da Xuventude se converta nun espazo que reflicta e celebre a diversidade e o talento da nosa mocidade”, concluíu Alberte.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.