Outes celebra o Día do Libro agasallando libros e flores na Biblioteca e organizando un obradoiro de marcapáxinas

23 Abril 2024

Para celebrar o día do libro e fomentar a lectura, o Concello de Outes, a través da Área de Cultura que dirixe o concelleiro Anxo Núñez, repartirá este 23 de abril un libro e unha flor (unidades limitadas) ás persoas que visiten a Biblioteca Municipal durante a xornada do martes (en horario de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 20.00 horas). Para os máis cativos, de 3 (escolarizados) a 10 anos, organizarase ás 17:30 horas un contacontos cun obradoiro de marcapáxinas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión