Comezaron en Isorna os obradoiros de tecnoloxías para maiores de 55 anos impulsados por Cibervoluntarios e o Concello de Rianxo

28 Abril 2024

Esta semana celebrouse a primeira sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo, ao abeiro do seu convenio recente coa Asociación Cibervoluntarios.

Nestes obradoiros, gratuítos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenderán a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.

Estas actividades formativas impartiranse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse esta semana, os días 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda será en Leiro, os días 2 e 3 de maio.

Inscricións e información: 664 185 489.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión