Ciprián Rivas, novo presidente do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira. Santos Oujo nomeado presidente de honra

29 Abril 2024


Debido á dimisión de Santos Oujo adiantada por “obarbanza.gal” como presidente do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a xunta directiva reuniuse na sede social da entidade para levar a cabo o proceso de elección da persoa que estará á fronte da mesma e, por consenso unánime, decidiuse que será Ciprián Rivas. Santos Oujo indicou que era necesario introducir novas ideas que fortalezan o Ateneo.

O novo presidente propuxo “recuperar a actividade cultural, dando cabida a todas as iniciativas artísticas producidas no municipio, na comarca e en calquera lugar.

Poñer ao servizo das asociacións culturais, recreativas ou sociais as instalacións dispoñibles, recuperar os clubs de lectura e seguir fomentando a práctica de idiomas entre profesores nativos e estudantes, así como promover liñas de colaboración entre as diferentes asociacións”
A proposta da directiva Santos Oujo foi designado Presidente de Honra.

Directiva do Ateneo Valle-Inclán Co relevo de Santos Oujo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión