A Pobra acolle un ano máis o Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta

31 Xaneiro 2024

O mes de febreiro vén cunha nova cita deportiva na Pobra do Caramiñal: o XXXV Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta que organizan a Federación Galega de Atletismo (FGA) e o Concello da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Este 2024 constitúe o sexto ano en que a localidade acolle o dito campionato, de referencia no territorio galego, segundo apunta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen engade que “vai camiño de se consolidar na axenda deportiva local, que goza de gran vitalidade, tanto pola capacidade organizativa e colaboradora da Administración local coma polo noso forte tecido deportivo, que se erixe como axente dinamizador.”

O edil destacou tamén “o carácter vistoso deste evento, debido ao nivel de participación e á contorna na cal transcorre”.

A proba disputarase no 4 de febreiro, na quenda de mañá, co inicio marcado para as 10.45 horas. No que respecta ao circuíto, habilitarase, como xa é habitual, no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial. Reunirá aproximadamente 122 atletas, que deberán completar a distancia que lles corresponda.

Os tres mellores tempos das categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sub-20, sub-23, absoluta e as diferentes modalidades máster recibirán unha medalla conmemorativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.