Éxito da XIX Edición da Semana Cultural de Aguiño

28 Xaneiro 2024

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) de Aguiño celebrou esta fin de semana a nova edición da Semana Cultural de Aguiño, que chegou á súa decimo novena edición.

O primeiro día o venres 26 o filólogo e mestre Fernando Cabeza Quiles acompañado do fotógrafo local Antonio Parada Mariño, deron unha conferencia sobre toponimia local baixo o título Os topónimos da terra e do mar de Aguiño cunha proxección de imaxes dos lugares e elementos dos que se fale, realizadas por Antonio Parada “Tucho Parada”.

A xornada continuou cunha actuación musical do grupo de canto e pandeireta As 7 linguas da asociación, que interpretaro cantar e xota de Rubión, pasodobre e xota de Mondariz e zaraghallada de muiñeiras, formada por 8-10 integrantes coa profesora Manola Valiño. Na mesa estiveron a presidenta da asociación, Elvira Pisos e Vicente Mariño de Bricio, 1º Tenente Alcalde. Concelleiro delegado de Servizos Sociais e Mercados Municipais.

O sábado 27  celebrouse o acto do 20 aniversario do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño, que finou o 16 de xaneiro de 2004; primeiro ás 17 h cunha ofrenda floral e lectura de manifesto cunhas gaitas do país no cemiterio de San Vicente de Noal en Porto do Son, onde está soterrado, e despois coa misa aniversario na igrexa parroquial de Aguiño ás 19 h; pechou o día un espectáculo de música e contos tradicionais titulado Tralalareira a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro (do grupo Berrogüeto) no conservatorio de Aguiño ás 20 h.

O domingo 28 os máis cativos tiveron a oportunidade de asistir a un espectáculo infantil e familiar a cargo de Tarabelos baixo o título Debulando lendas galegas, será ás 18 h no Conservatorio de Aguiño.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.