A Ría da Estrela preséntase en FITUR co obxectivo de “crecer sen deixar de ser pequenos e sen renunciar á nosa esencia: a ría”

26 Xaneiro 2024

“Queremos crecer sen deixar de ser pequenos e sen renunciar á nosa esencia: a ría”. Con estas palabras da vicepresidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Muros, María Lago Lestón, presentábase a marca turística Ría da Estrela-Ría de Muros Noia aos profesionais do sector turístico que asisten estes días a FITUR 2024.
Un acto realizado no stand de Galicia e ao que asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; os alcaldes de Noia, Santiago Freire Abeijón; e Porto do Son, Luís Oujo Pouso; a alcaldesa de Muros, María Lago Lestón; a concelleira de Turismo e Patrimonio de Outes, Soledad Agra Tuñas; e pola concelleira de Cultura de Muros, Caridad González Cerviño.
María Lago destacou que “se algo nos caracteriza é que sabemos traballar en equipo, traballamos en modo ría, máis aló de localismos. E así somos quen de conseguir obxectivos que antes eran un soño”. Neste sentido, puxo en valor que a Ría da Estrela no 2017 “era o destino costeiro máis estacional de España, con só tres semanas de temporada alta. Hoxe somos equiparables aos mellores destinos e temos posibilidades de progresar máis aínda”. De feito, a temporada alta pasou de ser de tres meses (abril, maio e xuño) a sete meses (de abril a outubro).
María Lago resumiu as razóns que levaron a este cambio: “temos unha contorna privilexiada, que insistimos en coidar, e contamos cunha hostalería e restauración sorprendentes e que nestes anos deron un importante salto de calidade, con establecementos de luxo, innovadores, que apostan pola calidade do produto, por unha economía sustentable, con produtos Km 0 Margalaica”.
Os 5 atributos da Ría da Estrela
Previamente, o responsable de comunicación da Ría de Muros Noia, José Antonio Marcote, explicara aos presentes as razóns que motivaron a presentación da nova marca, a Ría da Estrela, que “busca ter unha flexibilidade para adaptarse. É sinxela e representativa: unha estrela da nosa ría, con bordes atenuados e suaves que representan a suavidade da ría e o carácter da súa xente”.
Empatía, alegría, amabilidade, colorida e optimista. “Cinco atributos da Ría da Estrela, un por cada punta e por cada un dos cinco concellos que a compoñen: Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”, salientou Marcote. “A ría é o accidente xeográfico máis
representativo de Galicia e sen embargo, á marxe das Rías Baixas, non hai ningún xeodestino que opte por levar a ría no seu nome cando en Muros Noia é o valor fundamental. A Ría é o espello onde nos vemos reflexados e onde nos vemos uns a outros. E ese traballo conxunto é a nosa gran fortaleza, que se traduce en resultados”, apuntou.
Camiño a Santiago
Ademais da presentación oficial aos profesionais do sector turístico que asisten hoxe a FITUR 2024, a Ría da Estrela realizou unha segunda presentación dirixida especificamente aos medios de comunicación e unha degustación de produtos da ría da marca “KM 0
MarGalaica”. Unha degustación elaborada por Pepe Senande, do Restaurante A Muradana (Muros), e Lucinda Caamaño, da Casa do Zuleiro (Outes) e composta por mexillóns de muros e peixes da marca Azul de Portosín (Porto do Son).
A maiores, o persoal da Ría da Estrela aproveitou para promover o Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, mantendo múltiples reunións relacionadas cun Camiño que medra en seguidores cada ano cada año e onde as peregrinacións marítimas estanse a converter nun produto comercial moi atractivo, pois son as únicas baseadas en feitos históricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.