Un taller da parroquia de Taragoña rexistrou un incendio nesta madrugada

15 Xaneiro 2020
Facebook da Página: ADC Bombeiros Boiro

Esta madrugada produciuse un incendio nun taller situado no lugar de A Burata, na parroquia rianxeira de Taragoña. O aviso recibiuse ao redor das 02.20 horas e o lume deuse por finalizado ás 05.40 horas. As lapas causaron unicamente danos materiais, afectando ao equipamento do taller e un vehículo que había no interior do mesmo. A vivenda da planta superior viuse afectada só polo fume. Cando o equipo de emerxencias chegou ao lugar, as catro persoas residentes no primeiro andar xa abandonaran o edificio polos seus propios medios a través dunha fiestra e empregando unha escada. Polo de momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.