O Concello da Pobra celebra o 14 de febreiro cun concurso literario e co sorteo dunha cea para dúas persoas

22 Xaneiro 2024

Un concurso de cartas de amor e un sorteo fotográfico do banco do amor son as dúas actividades que lanza o Concello da Pobra do Caramiñal polo 14 de febreiro, Día dos Namorados.

Organizados conxuntamente polas Áreas da Cultura e da Mocidade, a edil Patricia Lojo apuntou este luns 22 que se artellan actividades por primeira vez arredor desta data co “afán de crear espazos para a cultura no ámbito das letras e motiva-la participación de xente nova na vida cultural local”.

O certame epistolar, engadiu, “nace como un mecanismo máis para fomentar a creación e difusión literaria. Os traballos versarán sobre o amor e poderán dirixirse a destinatarios reais ou ficticios. Establécense dúas categorías: a xuvenil (de 14 a 20 anos) co premio dun iPhone; e a adulta (de 20 anos en diante) que ten como recompensa unha noite nunha casa rural e unha cea para dúas persoas.

As cartas presentaranse de maneira telemática a través de concursocartasdeamorpobra@gmail.com entre o 23 de xaneiro e o 7 de febreiro. Na mensaxe deberanse enviar dous documentos: un coa carta e outro cos datos da persoa participante. O xurado composto por persoas vencelladas á comunicación e á literatura encargarase de ditaminar as gañadoras.

Tamén o parque do Castelo contará cun photocall do amor no que sacar fotos para tomar parte do sorteo dunha cea para dúas persoas nun restaurante da localidade. Consistirá en sacar instantáneas neste espazo e compartilas no apartado de historias da rede social Instagram mencionando a conta @gobernodapobra e cos cancelos #temoslio e #concellodapobradocaramiñal. Se o perfil non é público, deberase mandar captura de pantalla por mensaxe directa á conta do Concello. Esta acción oriéntase a maiores de 14 anos e aceptaranse unicamente as imaxes publicadas no 14 de febreiro.

As bases completas pódense consultar na páxina web municipal, www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.