O luns a chegada dunha fronte pouco activa deixará un día de ceo cuberto e chuvias entrando polo o oeste da Comunidade. As precipitacións irán a menos a medida que transcorre a xornada, quedando orballos na marxe atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas non terán cambios. O vento soprará do sur con intervalos moderado nas Rías Baixas e forte a primeiras horas do día entre Prior e Estaca de Bares.
Atención para luns 22: Mar de fondo do noroeste con ondas superiores aos 5 metros, superando puntualmente os 6 metros en mar aberto entre Fisterra, Sisargas e Ortegal.

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 4.5 a 5 metros á mañá e á noite e 5 a 6 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



