ADEGA colabora cos Concellos de Noia, Muros, O Son e Carballo para achegar formación ao voluntariado das praias (as sesións, este martes pola tarde)

10 Xaneiro 2024

Desde a asociación ecoloxista ADEGA informan de que na tarde deste 10 de xaneiro, a partir das 15 horas, educadores/as da organización galega estarán presentes en varias localidades costeiras para impartir formación a coordinadores/as de voluntariado de limpeza en praias, en colaboración cos Concellos de Noia, Muros, Porto do Son e Carballo. O obxectivo será formar a voluntarios e voluntarias na limpeza de lixo mariño e, nomeadamente, na retirada adecuada dos aglomerados (bólas) de plástico vertidos os días pasados fronte ao norte de Portugal polo buque Toconao, de bandeira liberiana.

As praias nas que estarán presentes, e os contactos en cada praia son:

-Noia: praia de Boa Grande. Tfnos Contacto: Paco Bañobre (627 62 81 94) e Itziar Díaz (699 21 73 10).

-Muros: praia de Lariño. Tfnos Contacto: Lucía Álvarez (677 80 02 93) e María Amigo (630 04 33 01).

-Porto do Son: praia de Queiruga. Tfnos Contacto: María Lafuente (645 90 24 73).

-Carballo: praia de Razo. Tfnos Contacto: Vero Torrijos (666 25 22 24), Xandro García (660 85 94 93).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.