A Policía Nacional celebra na Comisaría de Ribeira, o 13 de xaneiro, os seus 200 anos de historia

10 Xaneiro 2024

A Comisaría de Policía Nacional de Ribeira (emprazada na contorna de Fontán, no 21 da avenida das Airós) vai acoller este 13 de xaneiro, o acto institucional de celebración do Bicentenario da Policía Nacional. As actividades previstas inclúen un izado conmemorativo da bandeira.

A Policía Nacional foi creada a través de Real Cédula o 13 de xaneiro de 1824, sendo o seu xermolo a Policía Xeral do Reino, o antecedente histórico da institución policial, primeiro corpo policial con dimensión nacional coa función de “garantir o ben e a seguridade pública”. Este fito histórico marcou a orixe do que hoxe coñecemos como “a Policía de todos os españois”. A Policía Nacional é polo tanto o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.